Libros > Literatura > Os calaicos. Mágoas. Follas ao vento
Portada de Os Calaicos. Mágoas. Follas Ao Vento

Os Calaicos. Mágoas. Follas Ao Vento

Autor:Florencio Vaamonde Lores;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788497820110
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Os Calaicos. Mágoas. Follas Ao Vento en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Junio del 2003. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 344 páginas , unas dimensiones de 19x13 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Os Calaicos. Mágoas. Follas Ao Vento

Florencio Vaamonde Lores (Bergondo, 1860-A Coruña, 1925) foi un dos máis relevantes escritores de fins do século XIX e quixo construír un sistema literario normalizado que abranguese campos aínda non tratados pola literatura galega, introducindo novas liñas poéticas. A súa poesía segue as grandes correntes que se producen na literatura europea postromántica, a filosófica, social, épica e intimista, e introduce o clasicismo. O seu obxectivo foi crear unha lingua culta a través dunha literatura de calidade que, ademais, fixase unha norma. Na súa obra poética conxugou o mundo clásico co celta, rexeitando o enxebrismo ruralista e idealizando o campo. Na presente edición, precedida dun amplo estudio bibobliográfico sobre a figura de Florencio Vaamonde, preparada pola profesora Isabel Seoane Sánchez, actualmente profesora da Universidade de Deusto, reúnense tres dos poemarios de Florencio Vaamonde: “Os calaicos. Poema en cuatro cantos” (1894), primeiro poema épico nacional da literatura galega, no que se narra un importante capítulo da historia de galicia: a defensa da cidade da Coruña ante o ataque inglés en 1589. “Mágoas” (1901) e “Follas ao vento” (1919), os outros dous poemarios do volume, son as obras onde se comproba o coñecemento que Vaamonde tiña dos clásicos gregos e latinos e onde se observa o influxo que recibiu de Horacio, Anacreonte, Virxilio, Camoes, Carducci e sobre todo Leopardi, á parte da forte pegada do petrarquismo que se rastrexa nos seus sonetos. Unha obra a de ...0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso