Argumento de Ao Pé de Cada Hora. Tempo de Compostela
Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira “Oracións para os vosos nomes”, susceptible de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte e da literatura galega. As tres restantes seccións, “Pregoeira da ledicia”, “O teu corpo florido” e “Ausencia e noiva baixo raíces”, constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas activas da conciencia. O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título “Poemas diacrónicos”, “Poemas contemporáneos” e “Poemas nominados”, ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de “belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe”, isto é, dos poemas que integran a obra. Deste xeito atopa xustificación a presencia dos “poemas diacrónicos”, compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade. O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala ...0