Argumento de A Modelo de Paco Asorei
Publicada por vez primeira no ano 1933 pola editorial Nós de Ánxel Casal, A modelo de Paco Asorei é unha peza romántica e sentimental, ambientada na Compostela de inicios do século XX, que relata unha apaixonada historia amorosa entre o xove estudiante Diego de Longarela e a poeta ourensá Lucinda de Gundisal. Con anterioridade, fragmentos da parte inicial do libro foran aparecendo por entregas no semanario El País Gallego, que o seu autor, Xoán Xesús González, fundara en 1927. A acción da novela céntrase na idílica relación sentimental que manteñen os dous mozos ao longo de dous intensos meses que ela pasa en Compostela. Chegan mesmo a facer un xuramento de mutua fidelidade ao xeito peculiar da literatura romántica, neste caso coa Virxe da Corticela como testemuña. Precisamente no ambiente compostelán prodúcese o feito que dá título á novela: a decisión de que o escultor Paco Asorei faga un busto da moza. Elemento que en principio puidera parecer anecdótico pero que para o autor terá un profundo sentido simbólico no relato. Desde o momento en que o escultor comeza a obra nace no protagonista unha nova visión da súa amada, que se lle presenta como máis sensual, mesmo erótica. A obra escultórica nunca chegaría a estar completamente rematada debido a múltiples interrupcións provocadas por unha especie de ciñumes que a protagonista chega a sentir pola súa propia imaxe en xeso, e que lle provocarán constantes indisposicións. A ruptura do pacto amoroso por parte da moza, que acaba ...0