Argumento de Profecía Do Mar
Nacido en Cangas, en 1932, Bernardino Graña aparece vinculado na súa carreira literaria ao colectivo e máis á editorial Brais Pinto, de singular relevo no proceso de renovación literaria, plástica e mesmo ideolóxica que se leva a cabo no noso país a partir de mediados dos anos cincuenta. Membro, pois, desa Xeración, pois, desa Xeración do 57, Bernardino Graña inicia a súa andaina coa publicación, en 1959, de Poema do home que quixo vivir, título ao que seguirán outros moitos que confirman ao noso poeta como unha figura especialmente destacada dentro do panorama da literatura galega contemporánea. Escritos entre 1959 e 1963, os poemas incluídos en Profecía do mar constitúen, sen dúbida, un dos momentos esenciais do devir poético de Graña, destacando na perfecta adecuación que se produce entre o fondo temático e máis a súa expresión lingüistico-literaria. Poesía de concepción totalitaria, as escollas léxicas, as imaxes e efectos rítmicos do texto que hoxe presentamos conflúen nun áxil dinamismo expresivo que sempre ha de emocionar ao lector máis esixente.0