Argumento de O Bandido Casanova
Nesta primeira e sorprendente obra de Hixinio Puentes reconstrúese de forma novelada a historia de Mamede Casanova, alias Toribio, o bandoleiro galego de máis sona do século XX. Mamede Casanova volve ó mundo como peoneiro nas obras do ferrocarril A Coruña-Zamora, no comezo da Segunda República, relembrando as diversas secuencias da súa historia, coma se un malfadado sino o empurrase cara a desventura para facerse presente na desesperanza. O protagonista dos feitos, que fixeron correr ríos de tinta na prensa galega da época e mesmo inspiraron a plumas famosas, narra demoradamente en primeira persoa os acontecementos da súa vida, dende o seu nacemento en Grañas do Sor, Mañón en 1883, ata que é indultado o 28 de novembro de 1928, despois de que lle fose conmutada a pena de morte pola cadea perpetua, que o levaría durante vintecinco anos de cárcere en cárcere (Santa Marta de Oritgueira, tralos primeiros roubos, o Parrote da Coruña, Santoña, Ceuta, San Miguel de los Reyes-Valencia, Figueres... Ó longo das máis de duascentas páxinas, de lectura engaiolante, o lector irá desvelando as peripecias da fuxida do bandoleiro dende os seus primeiros roubos, a morte de Manuela, a criada do cura, ata que cae na trampa que lle arma o cura do Freixo pola que é prendido. Hixinio Puentes, bo coñecedor da historia do bandoleirismo en Galicia, reconstrúe nesta obra de acción as andanzas temerarias deste Casanova en potencia, ó tempo que recrea diversos tipos humanos, a paisaxe montañesa da bisbarra ...0