Argumento de Bailarina
Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de cores e emocións, ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, no que, paradoxicamente aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bailarina, peculiar novela de ciencia ficción inzada de paixón e intriga, na que os personaxes tentan atopar a identidade persoal entre labirintos de información controlada, ou o sentido da súa existencia entre a loucura do amor e o desamor. Velaquí xentes que non son o que parecen, sentimentos enfrontados á razón fría da tecnoloxía máis depuarda, relacións que se entrelazan nun fondo de incerteza e desacougo, nunha especial mestura de enigmas, bágoas e acción. Bailarina propón unha fantastica viaxe a través do espacio do corazón, unha inquietante e persoal visión do futuro, na que o lector pode xogar cos dados do azar á procura da solución para as eternas preguntas sen resposta. Manuel Seixas construíu un Universo Bailarina, xa que a novela se completa cunha exposición de colaxes, obra de Xurxo Romero, Imaxes para Bailarina e cunha selección musical dos temas que se escoitan na novela que será acompañarán as presentacións que do libro se realicen nos próximos meses.0