Argumento de O Lume de Santo Antón
O lume de Santo Antón, primeira novela de García Mañá, rememora as extrañas mortes, que sen explicación e sen causa coñecida daquela, producíronse na parroquia de San Xoán de Barbadás durante o verán do ano 1856. Será o xove Nemesio Castro, o investigador encargado polo Gobernador interino da provincia, quen descubra a orixe dos misteriosos acontecementos. Novela histórica rigorosamente documentada, reflicte as contradiccións da sociedade da época, onde non faltan as referencias a sucedidos claves da nosa historia contemporánea como o banquete de Conxo e o inicio da emigración americana. Novela ben construída, consegue unha lectura moi fluída, coas doses de misterio, acción e humor sabiamente dosificadas polo autor de xeito que o texto de continuo anima a , non deixar de ler ..,O lume de Santo Antón descubre un novo valor para a nosa narrativa contemporánea. Moi recomendable, sen dúbida.0