Poesía. A poesía suscita paixóns. Ela pode conmover, cecais namorar, a veces arrepiar e mesmo dar noxo. Mais por enriba de todos estes motivos, hai un polo que perdura, polo que atrae e polo que os auténticos poetas non sobreviven ás guerras civís: Porque nos fai sentir ceibes. Entón, con esa promesa ¿Por qué non abri-lo libro?. Libre eres de facelo. Se les este pequeno poemario que tés entre as mans, tal vez te guie por fontes e costas, bebas do berce dos cálices, visites a casa das lumias, subas os chanzos da vergoña, che amose paxaros de esquecida dozura? Pero se te queres soltar da man? Entón, entón de seguro que serás libre: Libre de moverte nunha gaiola de sentimentos. Porque estes versos son o que lle suxire a quen os le, non carreiros de tinta ós que seguir. E o que se pretende dun autor é que as verbas que escolla estean o suficientemente difuminadas para que ti, lector, sexa quen decida cómo definilas? ou borralas. Porque disfrutalo?Ben, disfrutalo halo de disfrutar, mesmo habendo páxinas que non che gorenten.