Argumento de Unha Espía no Reino de Galicia
Tras Galicia. Galicia, Manuel Rivas ofrece neste libro unha nova xeografía galega que consta de catro lugares comunicados por camiños no tempo e no espazo: Galicia contada a un extraterrestre, amplo informe dirixido a un alien, chamado Golf Oscar Delta, sobre os hemisferios da Galicia de hoxe; A espía (Iª volta) e A espía (IIª volta), informes das pesquisas dunha espía enviada a investigar os segredos do país dos galegos; e O blog de rumbar, anotacións nun caderno electrónico sobre o tempo presente. Un xornalismo que propón a rebelión do humor. Unha obra salgada na ironía e cun chisco de saudade que aposta pola rebelión contra o estado de excepción mental, o dominio do partido conformista e o imperio do absurdo e o baleiro. Un libro que concibe Galicia como célula nai, como matria, como almeiro, como lugar de encontro continental e transatlántico.0