Libros > Literatura > Tres trebóns
Portada de Tres Trebóns

Tres Trebóns

Autor:Souto, Xurxo;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788497823272
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Tres Trebóns en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Julio del 2005. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 160 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Tres Trebóns

“Tres trebóns” de Xurxo Souto reúne cinco relatos (“As fontes de Compostela”, “A pesca do Mar-rau”, “Aldea terremota”, “A voda máis bonita do mundo” e “A marabilla de Barna”) presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Para Fran Alonso, autor do limiar, “estas historias están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos”.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso