Non hai refinamento pretensioso na cociña galega; con sinxeleza, respectando a tradición e os vellos hábitos, conseguiu un posto relevante entre as mellores de España. Baseándose nesta tradición e nestes productos, pero innovando aló onde fose necesario, a autora deste libro, cunha sorprendente variedade de receitas, lémbranos o mellor da cociña familiar galega a través dunas atractivas páxinas de fácil interpretación.