Argumento de O Son Das Buguinas
O son das buguinas é un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND), unha Organización Non Gobernamental (ONG) de voluntariado que actúa en Galicia para apoiar proxectos de desenvolvemento integral no sur da India e Etiopía. O proxecto O son das buguinas, xermolouse como unha das respostas de IND á tsunami do 26 de decembro de 2004 que provocou a morte de máis de 300.000 persoas na India (onde esta ONG galega viña traballando desde 1998 en Tamil Nadu, un dos estados máis azoutados polo maremoto) e noutros países de Asia. IND realizou un chamamento solidario a diversoas narradoras/es co obxecto de editar un libro solidario que axudase a reflexionar ao público xuvenil galego sobre as tráxicas consecuencias desta catástrofe. O DVD, que acompaña ao libro, preparado por Francisco Vila Barros, inclúe un documental (830) sobre o labor de IND en Tiruchy (India ) e Abdis Abeba (Etiopía), unha película de animación (430) sobre o labor das ONGs e as políticas de voluntariado e cooperación, un documental (730) sobre a tsunami e un xogo interactivo (Pensa e actúa) sobre a cooperación0