Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital.
Literatura con maiúsculas, con emocións que se engolen ou atragoan e verbas que chegan ao corazón como brasas quentes e atrapan os nosos pensamentos como meigallos. Os seus efectos non esmorecen cando remata a súa lectura. Calquera sopro pode avivecer as palabras. A morte de meu pai: un libro que as lectoras e lectores farán seu, como se fosen o narrador ou o protagonista.