Argumento de O Misterio de Carlos G. Reigosa
Autor de milleiros de artigos, relatos curtos e novelas, Carlos G. Reigosa é un dos escritores e xornalistas galegos contemporáneos que conta con maior interese e proxección entre os lectores. O presente volume, prologado por Ramón Villares e Alfonso S. Palomares e epilogado por Alfredo Bryce Echenique, recolle as longas horas de conversas que o escritor da Pastoriza mantivo con Xosé Manuel del Caño. Sen solemnidades nin reservas, sen críticas aos demais nin vontade de fixar ortodoxias, Carlos G. Reigosa reconstrúe con claridade a súa andaina humana e literaria, desvelando o lado da sombra dunha vida que se desenvolve a plena luz do día, a través dos milleiros de páxinas que leva publicadas. O título do libro alude a un misterio que se pretende descifrar, que se tal houbese está nos seus eidos de tras da Corda, na infancia e na familia, en lugares sempre revisitados, un espazo temporeiramente choído pola néboa e o esquecemento.0