Argumento de Moaña
Moaña, deste cativo país imos falar, sentados tranquilamente na compaña deste mar teimudo e feiticeiro que nunca nos abandonou en todo ese noso devir, desde que somos unha pequena faragulla da historia. O mar vertebra a vila, e vertebra tamén a narración visual que complementa o texto de Pérez Rúa; traíñas en movemento, procesións marítimas, o marisqueo, o peirao, os naseiros. a vida e o mar nunha beira da ría de Vigo.1