Argumento de O Arenteiro
O Arenteiro é unha comarca que pode ser considerada como un espazo xeográfico de interese analítico. A nosa área de estudo abarca os concellos que compoñen o Partido Xudicial do Carballiño: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor de Cea, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea. A análise comeza pola xeografía física, observando as unidades morfoestruturais e as variedades climatográficas para despois pasar a analizar a súa historia e manifestacións artísticas máis relevantes.0