Continúase a utilizar a letra ligada, tanto nos textos das fichas coma á hora de escribir, cousa que se efectuará dentro de pautas.
Ofrécense diferentes tipos de textos: contos, viñetas, cántigas, poemas, recitativos... Algúns deberanos memorizar, ademais de realizar sobre eles outro tipo de actividades (localizar palabras, sílabas...).
Tamén se inclúen actividades lúdicas: encrucillados, sopas de letras, frases con pictogramas..., que contribúen á motivación neste longo proceso de aprendizaxe.
Engádese unha folla de recortables (fotografías e palabras) que cumplirán para a realización dalgunhas das actividades.
En cada ficha propóñense, ademais das individuais, unhas actividades previas que pretenden axudar a comprender e a realizar adecuadamente a tarefa que se lles pide, e a iniciárense no coñecemento das primeiras nocións gramaticais (xénero e número).
Ao final do caderno, hai unha ficha de avaliación con actividades que permiten sintetizar os principais contidos que se traballaron.