Argumento de Escolma de Familia
Este é un libro peculiar: unha escolma da obra poética da dinastía dos Álvarez. Unha familia que, ao longo dos últimos cen anos, vén desenvolvendo un traballo literario que a converten, na familia literaria de noso por excelencia. Cando no 1857 Emilio Álvarez Giménez chegou a Pontevedra non puido sospeitar que, a partir do seu casamento con Amalia Limeses Iglesias, había instaurar unha longa e prolífica descendencia de escritores e, de persoas comprometidas coa entidade e a cultura de Galicia, producíndose un caso inusitado en calquera literatura: que poidamos comprobar, a través da sucesión dos compoñentes dunha mesma familia, a maior parte dos cambios estéticos que se foron producindo ao longo dun século. Como tamén o é o feito de que os distintos movementos vaian sucedéndose na presente escolma sen que, malia tratarse de voces e tempos distintos, deixe de producirse en ningún momento unha certa conexión de coincidencia con respecto a certos temas e actitudes. Escolma de familia recolle, unha antoloxía da obra poética de tódolos membros desta dinastía desde Emilio Álvarez Giménez (1830- 1911), autor do poemario Humildes; do seu fillo, Xerardo Álvarez Limeses (1871-1940), autor dos poemarios Margaritas, Versos Morales e Antre dous séculos, a primeira das obras en lingua galega desta dinastía; dos sobriños deste, Emilio Álavrez Blázquez (1919-1988), autor de Poemas de ti e de min, Romance del peón caminero e O tempo desancorado. Poemas para María Blázquez, a Xosé María Álvarez ...