Argumento de Contos Malvados
Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que os unifica á morte, que vai dende o asasinato, ó vampirismo, pasando polo suicidio. Como en todo bo libro de relatos, os que aparecen en Contos malvados, o primeiro volume de Borrazás, son 'coma un iceberg, o que lemos é sempre menos que o queda oculto baixo a auga, e outorga intensidade, misterio, forza e significación ó que aboia na superficie. A estudiante de filosofía que recupera plus valías nas librerías e nos hipermercados, como xeito de obter pracer... O gardacostas que reflexiona sobre a dificultade de protexer o presidente que ten que protexer e como as claves ridículas e absurdas da linguaxe cifrada que usan acabarán por causar un malentendido ou unha desgracia... O comisario que pretende averiguar quen é Pierre Menard, o personaxe de Borges -a estirpe e a inspiración borxiana aparece en varios dos relatos, especialmente en "Iniciais" e "O poeta el"- despois de recibir un enigmático anónimo... As vodas de ouro dunha parella de xubilados en Puerto de la Cruz, infelizmente rematadas no voo de regreso... As encargas que recibe o mendigo que come latas de callos fríos no cuarto da pensión despois de facer o seu "traballo"... O dono da carnicería que parece matar a súa muller meténdoa na cámara frigorífica... A secuestrada que vive nunha cela na que lle sobra espacio cando durme, e xoga ó xadrez magnético cos seus secuestradores, soñando co deserto do Sahara... Contos ...