Argumento de Casa Skylab
Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estación espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamóns que multiplicou Ramón Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub Sempre en Galiza, unha especie de parque temático do nacionalismo que rexentan dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberación nacional. Por alí pasa, tamén, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil. Casa Skylab, a obra gañadora do Premio Xerais 2003, é a terceira novela de Jaureguizar na que intervén este curioso investigador que nada investiga, despois das súas aparicións anteriores en Comendo espaguetis diante da televisión e As horas sucias. Casa Skylab de Jaureguizar é unha intensa novela, enchida de humor corrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes que aparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo de aparencias. Unha novela escrita dende unha visión irónica e sarcástica da realidade galega, presidida por un espírito iconoclasta, que o xurado de lectores do Premio Xerais ...0