Argumento de Bouzas Olladas Salgadas
Encuadernación: Rústica
Este libro tenta de axudar a coñecer, valorar e defender o patrimonio material e inmaterial, concretado na vila de Bouzas. É un libro coral onde cada autor/a achégase ao lugar desde diferentes enfoques.
Dous percorridos, un que pespuntea o litoral e outro que se adentra no interior do casco histórico, pretenden introducir á persoa lectora na historia de Bouzas, sobre todo de finais do século xix e parte do xx A arquitectura no sentido amplo da palabra, a forma pétrea das ideas e do vivir da época, é o texto a ler: rúas-ramplas para gorecer aos barcos dos temporais, peiraos para o último invento (o barco pesqueiro a vapor), casas humildes da xente mariñeira, arquitectura de autor das armadoras e armadores
Séguelle o mar visto como fornecedor de alimentos; o mar dos saberes nos refráns; o mar dos naufraxios, da evocación poética, do lecer, das protestas cidadás contra os recheos.
"Espazos para a lembranza" esculca nos recunchos, como se de arqueoloxía se tratara, os vestixios materiais e as memorias daquel oficio, tenda, zapatería, os sons daqueles negocios que hoxe xa non están, e son só patrimonio inmaterial e lembranza. Acaba co relato das sensacións que esperta Bouzas nunha persoa que se achega por primeira vez.1