Argumento de Vocabulario Galego-italiano Das Belas Artes . Escultura
Co gallo de encher unha lagoa na lexicografía bilingüe que os dicionarios xeralistas non poden achegar, ao tratarse de campos tan especializados, proxectouse unha colección de cinco vocabularios encamiñados a tratar estos temas desde diferentes perspectivas: a Hostalería e a Gastronomía, xa publicados polo Servizo de Publicacións no 2010 e as Belas Artes (Escultura, Arquitectura e Pintura), que se presentan agora. No ámbito da cultura galega, un dos eidos máis salientables e recorrentes é, sen dúbida, o do Turismo cultural, razón pola cal vense traballando para ofrecer unhas ferramentas útiles, axeitadas e complementarias para o profesionais do sector do mundo das Belas Artes, que lles permitirá acceder a unha información rica e necesaria nestas dúas linguas románicas, postas en contacto por primeira vez en glosarios específicos.0