Argumento de Vigo, a Explosión Dos ´80
Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na «movida». Aquela década dos 80 da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto; foron os anos en que o naval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectos decimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que se coaba nos nosos cárceres. Foi unha fase eruptiva da historia local, anos de acelerada sucesión de acontecementos que a Víctor De Las Heras lle tocou vivir ao galope biográfico da súa cámara. Neses catro anos houbo dúas eleccións municipais gañadas polo socialista Manuel Soto, dous ascensos do Celta, o derrubamento do Scalextric ou, indo á anécdota substanciosa, unha provocadora Cicciolina paseando polas rúas cos peitos ao aire a bordo dun camión. A moda galega, con Vigo como eixe do que saían todas as decisións, sorprendía a toda España e convertía o sector téxtil en punta de lanza dunha nova imaxe para Galicia. Pola noite, Vigo era unha cidade raiada, atropelada, cachonda e encallada cunha produción intensa de bandas, as máis delas de efémera vida. Unha explosión de pelames e vestimentas coa música como expresión catártica. Foi todo un cóctel de política, deporte, cultura e sociedade. Fernando ...0