Libros > Literatura > Biografías > VIDA E OBRA DE FRANCISCO AÑON. ANTOLOXIA POETICA
Portada de Vida e Obra de Francisco Añon. Antoloxia Poetica

Vida e Obra de Francisco Añon. Antoloxia Poetica

Autor:Blanco, Ramón;
Categoría:Biografías
ISBN: 9788498654554
Editorial Galaxia, S.A. nos ofrece Vida e Obra de Francisco Añon. Antoloxia Poetica en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 10 de Enero del 2012. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 156 páginas , unas dimensiones de 19x14 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Vida e Obra de Francisco Añon. Antoloxia Poetica

Para conmemorar o segundo centenario do nacemento do poeta Francisco Añón, Editorial Galaxia publica, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, unha antoloxía da súa obra poética acompañada por unha introdución biográfica. Ramón Blanco é o autor do relato biográfico e tamén se encargou de seleccionar e editar os textos desta nova edición da obra do poeta de Outes. Francisco Añón é un dos autores fundamentais na historia da poesía galega do século XIX. A obra seleccionada nesta antoloxía inclúe as diferentes facetas ou rexistros líricos do poeta, que non publicou libro ningún en vida, polo que agrupar a súa obra ten unha grande importancia de cara ao seu maior coñecemento e difusión. Francisco Añón (Outes, 1812 - Madrid, 1878) foi revestido dunha sona de poeta romántico, aventureiro e bohemio que contribuíu a ocultar un gran talento para a versificación, un amplo dominio lingüístico e unha fonda cultura. O paso polo seminario e pola universidade torceron o camiño de quen nacera labrego para convertelo, entre o popular e o libresco, nun dos primeiros e senlleiros escritores galegos no século XIX. Para gañar a vida foi profesor, libreiro, tradutor, arquiveiro e mesmo secretario. De ideoloxía progresista, uniuse ao movemento provincialista e chegou a militar no federalismo republicano. Cando morreu, a maior parte da súa obra estaba dispersa en xornais ou inédita; poucos intuían que o seu himno "A Galicia" fora o facho que en 1861 prendera a mecha do Rexurdimento.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso