Libros > Ciencias Humanas > Unha breve historia do tempo
Portada de Unha Breve Historia Do Tempo

Unha Breve Historia Do Tempo

Autores:Hawking, Stephen;
Categoría:Ciencias Humanas
ISBN: 9788416954926
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC nos ofrece Unha Breve Historia Do Tempo en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 05 de Septiembre del 2018. Amplia tus conocimientos con este libro de ciencias humanas, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 296 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm .
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Unha Breve Historia Do Tempo

Os clásicos -da literatura e a ciencia, da pintura, da música...- provocan tan intensa sensación de inexorabilidade, tal certeza de que tarde ou cedo serían escritos, pintados ou compostos, que un mundo sen eles resulta inconcibible. É coma se sempre existisen. Malia recoñecerlles unha data de nacemento, persiste a sospeita de que xa estaban alí e os seus creadores apenas se limitaron a escribir, pintar ou compoñer sobre trazos preexistentes. Rozan cotas de perfección que as fan case inhumanas e constitúen puntos de inflexión na historia da cultura que xeran novos paradigma. Este é o caso d’Unha breve historia do tempo, unha obra fundacional, que semella non beber de fonte algunha nin estar contaminada pola influencia de textos anteriores; unha obra na que Stephen Hawking senta as bases do que habería de ser a divulgación científica para centos de libros posteriores, tanto polo estilo e a ousadía de escribir nunha linguaxe accesible sobre conceptos moi abstractos da física de fronteira como polo sinal que deixou sobre moitos outros físicos profesionais. Ninguén mellor ca Hawking para afrontar o desafío de escribir a maior e máis enigmática das biografías: a do Universo observable; do nacemento, o devir e a morte do espazo-tempo. Lonxe de facelo como un historiador fóra de escena, que coñece todos os detalles e se limita a expoñelos con erudición, Hawking detense fronte ás preguntas máis perentorias e difíciles, debullándoas con profunda intelixencia e xuvenil desenvoltura: como naceu o tempo? Por que o Universo ten estrutura? Que ocorre con aquilo que cae nos buratos negros? No ano do falecemento de Hawking, a colección Clásicos do Pensamento Universal enriquécese incorporando á lingua galega un dos textos fundamentais da ciencia de todos os tempos, que foi, ademais, un dos célebres best-sellers do século XX.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso