Libros > Tres pintores (Ebook)
Portada de Tres Pintores (ebook)

Tres Pintores (ebook)

Autor:Cid Cabido;
Categoría:
ISBN: EB9788491214540
Edicions Xerais nos ofrece Tres Pintores (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 08 de Noviembre del 2018.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Tres Pintores (ebook)

Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza "Tres pintores", a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio. Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironía, a mordacidade e o coloquialismo, "Tres pintores" relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8. De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nos anos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo-caralla-intelecto-bohemio-contrariosa. Eles representan, na creación artística e literaria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible. Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma de escribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar, tratados con salientable sentido do humor.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso