Libros > TEXTICULOS DRAMATICOS E POSDRAMATICOS (Ebook)
Portada de Texticulos Dramaticos e Posdramaticos (ebook)

Texticulos Dramaticos e Posdramaticos (ebook)

Autor:Becerra de Becerreá, Afonso;
Categoría:
ISBN: EB9788484872375
Laiovento nos ofrece Texticulos Dramaticos e Posdramaticos (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 15 de Julio del 2015.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Texticulos Dramaticos e Posdramaticos (ebook)

"Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema "textículos dramáticos e posdramáticos", que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación "post" que se lles reclama, como pola dimensión "testicular" dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor). Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, "de amor", pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes "textículos" de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor, como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: "Pero turbados los dos nos escondíamos". (Do prólogo de Manuel F. Vieites) "Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana. Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar." (O autor)0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso