A poesía de Manuel Xestoso percorre a partirtura tenebrosa e estrañamente leda dun destino que se nega a si mesmo. As ruínas de Europa trazan a paisaxe poética dun tempo que escapa á súa orde para perseguir a posibilidade dunha duración absoluta. Polifonía de ocres, obxectos carbonizados e imaxes sen sombra coas que resistir os estragos da Historia. O poemario enuncia o desexo de inaugurar unha arquoloxía do discurso, indaga no que na ruína existe e perdura. Máis alá dos nomes, natureza e cultura sobreviven ao esquecemento para posibilitar a aparición dunha poética na que a cor tímbrica está solidamente unida á precisión da dicción e á lixeira preguiza dos séculos.