Un conmovedor relato en verso arredor da derradeira etapa vital da nai do autor, enferma de Alzheimer. Unha viaxe profunda e estremecedora, en palabras no prólogo da poeta Eva Veiga. Ela afirma: Cando a fala se retira, aparece a escrita. E o poeta escribe: Xa non sentes que abril / trouxo tépedas choivas.
Esta obra obtivo o I premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba (2011).