Corenta sonetos de amor. Xoán Piñeiro recréase na música dos hendecasílabos para transmitirnos a ledicia da entrega amorosa: unha doce atadeira, unha cadea lene, a quenda da catividade.
Preso por ti, / deitando un mesmo zume, exclama.
Esta obra obtivo o I premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).