¡Alá!, vannos invadir, ¡cagho nos patucos do neno Jesús!, que como non teño con quen falar, para máis ghaitas, paso todo o día entre alís e mojamés e como teño que explicarlles o choio, aínda aprenden o idioma grazas a min... Si, home si, mentres os nosos se dedican a invadir o país deles ¡que van facer eles!, escapan para o noso que aínda que sexa entre as ratas polo menos vívese... Non cuspas ao ceo que che cae enriba, mandan tirar un millón de bombas onde os mojamés por unha ghota de petróleo e logho véñenche toneladas del polo mar e os mojamés pola terra, con efecto bumerán que lle chaman, como a marea, que dicimos aquí, como a marea neghra..