Argumento de Papá Oso Volve á Casa
Encuadernación: Cartoné
Colección: Tras os montes
Edad recomendada: A partir de 3 años
A figura paterna centra os relatos agrupados en "Papá Oso volve á casa", que se enmarcan nun contexto doméstico, da vida cotiá e de familiaridade con outros habitantes do bosque. Osiño fainos partícipes dos seus soños e arelas: parecerse ao seu pai e imaxinarse pescando no mar coma él, aínda que teña que conformarse cun tronco a modo de barco e cun peixe pequeno como única captura no río.
A noticia do seu regreso ilusiona a Osiño coa idea de coñecer unha serea; e con el, outros animais van recibilo, malia que da serea non haxa máis rastro que a hipótesis dunhas burbullas na auga e o rumor do mar nunha bucina. Niso se entretiñan Osiño e os seus amigos cando ao protagonista deulle un ataque de impo que todos intentan axudarlle a superar aínda que, no intento, rompan a serenidade coa que Papá Oso le o seu xornal.0