Argumento de Palabra por Palabra. Contos Da Policía
Estamos fronte a un libro orixinal e atípico que recolle unha serie de relatos policiais variados e, aparentemente, co xénero literario como única peculiaridade definitoria. Sen embargo, é a procedencia dos autores o que máis liga esta obra: homes e mulleres integrantes dos corpos de policía de Galicia, xa con certa experiencia literaria e outros noveis, que nos relatan os feitos desde a súa experiencia e tamén outros, consagrados escritores, que nos ofrecen a perspectiva do cidadán de a pé. O resultado é unha obra onde o lector atopará relatos duros, curiosos, excitantes, intimistas, reflexivos, cheos de humor... pero todos eles inspirados na sociedade galega.0