Libros > Literatura > Voces de Atlántica
Portada de Voces de Atlántica

Voces de Atlántica

Autor:A.A.V.V.;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788482888125
Editorial Galaxia, S.A. nos ofrece Voces de Atlántica en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Junio del 2005. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 304 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Voces de Atlántica

Vinte e cinco anos despois Atlántica segue a ser un referente na arte galega. O Museo de Arte Contempóranea de Vigo e Editorial Galaxia propoñen neste libro que sexan os propios artistas os que nos acheguen ao que supuxo e hoxe significa un dos episodios máis brillantes da arte contemporánea en Galicia.

En Voces da Atlántica, a xornalista Carme Vidal e o crítico de arte David Barro conversan cos artistas Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Xabier Correa Corredoira, Alberto Datas, Manuel Facal, Xosé Freixanes, Antón Goyanes, Armando Guerra, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Francisco Leiro, Manuel Moldes, César Otero, Antón Patiño, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Silverio Rivas, Manuel Ruibal, Xesús Vázquez e Xosé Vivián, e fan unha lembranza dos tristemente desaparecidos Rafael Baixeras, Xosé Lodeiro, Francisco Mantecón, Guillermo Monroy, Reimundo Patiño e Mon Vasco.

O 14 de agosto de 1980, na Casa da Cultura de Baiona, inaúgurase a primeira exposición de ATLÁNTICA, que tiña como obxectivo básico a \"promoción e espallamento das últimas tendencias das artes plásticas\". Un cuarto de século despois, ATLÁNTICA continúa a espertar o interese no ámbito da arte e da cultura, tanto polo que supuxo como fenómeno como pola traxectoria individual que despois desenvolveron boa parte dos participantes naquela mostra, hoxe nomes centrais da plástica galega.

O libro pretende recuperar a memoria daqueles anos pero tamén a súa enerxía e a certeza do futuro. Velaí de novo reunidos, coa súa voz individual pero tamén co sentir de pertenceren a un dos episodios máis brillantes da historia da arte contemporánea galega, os artistas que fixeron nacer e existir ATLÁNTICA.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso