Argumento de Os Encaixes
Artesanía, xente sensible e dona das súas mans. Artesanía, técnica e arte á procura da utilidade e da estética. A artesanía do encaixe ten os seus artesáns, as palilleiras, que son a expresión da personalidade dun pobo. A nosa artesanía, rica e variada, complexa e sinxela, querida e, ás veces, descoñecida, está sufrindo e revivindo, nun ir e vir arreo. Mario Gallego Rei tenta abrir con este traballo un camiño para un maior coñecemento desta manifestación artesa: O Encaixe Galego.0