Libros > Olympia Ring, 1934 (Ebook)
Portada de Olympia Ring, 1934 (ebook)

Olympia Ring, 1934 (ebook)

Categoría:
ISBN: EB9788498657562
Editorial Galaxia, S.A. nos ofrece Olympia Ring, 1934 (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 19 de Enero del 2017.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Olympia Ring, 1934 (ebook)

O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona para escribir sobre o combate polo título mundial de peso pluma. Estamos en 1934, con Cataluña sumida en plena euforia republicana e nacionalista. O boxeador galego Manuel Ramírez Castro, alcumado o Camión, vai participar na mesma serie de veladas para intentar atopar o seu sitio no mundo das catro cordas. En Olympia Ring, 1934, Xabier López López fai regresar ao carísmático xornalista, obeso e sentimental, que lectoras e lectores coñecen da novela A vida que nos mata, coa que o seu autor obtivo o Premio García Barros en 2003. Barcelona, outono de 1934. Mentres a cidade se recupera das consecuencias da frustrada proclamación do Estado catalán, os afeccionados ao boxeo prepáranse para presenciar o combate polo título mundial do peso pluma entre Josep Gironés e Freddie Miller. Na mesma serie de veladas tamén vai participar o prometedor púxil galego Manuel Ramírez Castro, O Camión, desexoso de atopar un oco no mundo das catro cordas. Ata alá viaxa Sebastián Faraldo, reconvertido en cronista deportivo. Ninguén pode sospeitar que a lona vai ser escenario dun sofisticado asasinato. Olympia ring, 1934 é unha novela que revitaliza o xénero negro ao hibridalo coa novela histórica. A actualidade política da España de 1934 e o ambiente do boxeo e dos baixos fondos —con antecedentes claros na novela negra e no cinema norteamericanos— conflúen nunha ficción na que as referencias á cultura de masas comparten territorio con chiscadelas humorísticas e un xeito sabio de dispoñer o material narrativo para engaiolar lectores intelixentes, que gusten de xogar co autor nesta pescuda da xustiza a través do tempo.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso