Libros > Alguén así é o Deus en quen eu creo (Ebook)
Portada de Alguén Así é o Deus en Quen Eu Creo (ebook)

Alguén Así é o Deus en Quen Eu Creo (ebook)

Autor:Andrés Torres Queiruga;
Categoría:
ISBN: EB9788498655605
Editorial Galaxia, S.A. nos ofrece Alguén Así é o Deus en Quen Eu Creo (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 19 de Enero del 2017.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Alguén Así é o Deus en Quen Eu Creo (ebook)

Alguén así expresa a tensión íntima que caracteriza as expresións vivas da fe. Suxire a firmeza de fondo, a confianza que nunca falla. A súa unión dinámica co alguén apunta ao inacabamento da comprensión, ao ámbito sempre aberto do Misterio. Empeza pola exposición directa e familiar do central na fe. Faino en dous capítulos: o primeiro, cunha linguaxe máis de anuncio que de fundamentación teolóxica; o segundo acode ao rexistro simbólico, buscando a forza suxestiva de catro metáforas luminosas. A parte segunda é xa de clara formulación teolóxica, con tres capítulos: o primeiro de fundamentación radical, apoiado na creación-por-amor; os outros dous explicitan dúas consecuencias de especial relevancia para unha comprensión consecuente da fe na cultura actual: o problema do mal e o da oración de petición. A última parte conclúe o camiño abordando cuestións de claro talante especulativo que, dende a soleira da filosofía, se achegan ás fronteiras do místico. Poden ser interesantes para o curioso lector ou a curiosa lectora, pero son perfectamente prescindibles para os que prefiran non se internar neses eidos.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso