Libros > Ciencias Humanas > Historia > O volframio en Varilongo: Santa Comba de Xallas (1941-1963)
Portada de O Volframio en Varilongo: Santa Comba de Xallas (1941-1963)

O Volframio en Varilongo: Santa Comba de Xallas (1941-1963)

Autor:Blanco Ramos, Carmen;
Categoría:Historia
ISBN: 9788499149912
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece O Volframio en Varilongo: Santa Comba de Xallas (1941-1963) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 13 de Abril del 2016. Amplia tus conocimientos con este libro de ciencias humanas, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 152 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1ª ed.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Otros clientes que compraron O volframio en Varilongo: Santa Comba de Xallas (1941-1963) también compraron:

Argumento de O Volframio en Varilongo: Santa Comba de Xallas (1941-1963)

Encuadernación: Rústica
Colección: Memoria

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes. A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil. Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso