Argumento de O Soño Da Galiza Ideal
Algúns deles obedecen a vellas teimas do autor, como a comparanza da emigración galega coa irlandesa e a faceta como xornalista e político emigrante do escritor Eduardo Blanco Amor. Outros tratan da proxección transnacional de símbolos e mitos en Galiza e América, exemplificada pola figura de Rosalía de Castro e a súa recepción e mitificación entre os emigrantes. no resto analízanse asuntos coma a traslación do galeguismo ás colectividades galegas de alén mar a través, neste caso, da particular percepción que da súa experiencia trasterrada elaborou Castelao; inclúese tamén unha interpretación global do exilio galego de 1936-39, a súa dinámica e a súa peculiaridade dentro do exilio republicano español; e do exilio galego en Europa, menos coñecido mais non menos influente, e da súa interacción coa evolución da oposición antifranquista en Galiza.0