Libros > NOVAS CRÓNICAS DUNHA TRANSICIÓN INTRANSIXENTE (1977-1988) (Ebook)
Portada de Novas Crónicas Dunha Transición Intransixente (1977-1988) (ebook)

Novas Crónicas Dunha Transición Intransixente (1977-1988) (ebook)

Autor:Manuel Lueiro Rey;
Categoría:
ISBN: EB9788484873198
Laiovento nos ofrece Novas Crónicas Dunha Transición Intransixente (1977-1988) (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 12 de Mayo del 2016.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Novas Crónicas Dunha Transición Intransixente (1977-1988) (ebook)

Imponse trazar unha liña unívoca, bidireccional, entre as prosas ou cró¬nicas que viron a luz en El País pontevedrés ata as contidas en Crónicas de una transición intransigente e que, sen dúbida, se estenden até as compiladas neste libro pois o humus que as sustentan é idéntico: escrita entendida como intervención pública, como medio de evidenciar aquilo que resulta máis palmario nunha dirección que asume os presupostos ideolóxicos da esquerda e do marxismo, como precisa e necesaria esi¬xencia persoal para reivindicar a propia esencia da liberdade creativa e de opinión que, no seu caso, supón, un indiscutible retorno ás raigames da concepción do que é o xornalismo para el, isto é, un exercicio dominado pola filosofía da subversión, pola oposición aos desmáns do poder, polo desexo de converterse nun medio de coñecemento e de difusión dos valores da xustiza e da solidariedade. [...] Ao meu xuízo, o máis interesante destas prosas é sempre ese arrecen¬do de inconformismo cos tempos que vive e que expón desde unha dia¬léctica extraordinaria, sen deixar de recorrer ás veces ao exabrupto para axitar conciencias. Lueiro sempre di todo explicitamente: mostra o seu desacordo coa dirección que colleron as cousas desde a reforma política, amosando unha seria e sustentada desconfianza respecto do rumbo que ían adquirindo tanto a situación política galega como a española. (Do prólogo de Ramón Nicolás)0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso