Argumento de Míster Magnolia
Míster Magnolia é un clásico de Quentin Blake publicado
en 1980 e galardoado con importantes premios; un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean.
De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota
nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa,
dun paquete envolto en papel de agasallo.
Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativas
e o carácter descritivo das ilustracións, Míster Magnolia
é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitando
a participación do público. As imaxes resaltan sobre un fondo branco e chaman a atención polo seu variado e intenso colorido,
a profusión de detalles, e os trazos imperfectos que enfatizan
a expresividade e o dinamismo de cada escena.0