Libros > MARGOT SPONER: Do galego antigo ás fronteiras da resistencia
Portada de Margot Sponer: Do Galego Antigo ás Fronteiras Da Resistencia

Margot Sponer: Do Galego Antigo ás Fronteiras Da Resistencia

Autor:Figueroa, Antón;
Categoría:
ISBN: 9788484873761
Edicións Laiovento nos ofrece Margot Sponer: Do Galego Antigo ás Fronteiras Da Resistencia en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 09 de Octubre del 2017. Este libro cuenta con un total de 128 páginas , unas dimensiones de 21x14 cm (Puesta al día).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Margot Sponer: Do Galego Antigo ás Fronteiras Da Resistencia

Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada ?os datos son irregulares?, unha vida de investigación, pero tamén de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media. Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa súa vida por defendelos. Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa memoria.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso