Argumento de Libro de Contar
Hai moitas formas de contar. Pódense contar as nubes deitado na herba, pódense contar as formigas que saen do formigueiro sentado xunto a un amigo, pódense contar as papoulas do campo mentres paseas ou pódese contar un conto ao tempo que se contan os personaxes que o van facendo. Pero, ao chegar ao número doce, sae a lúa, todos temos que ir durmir, e empeza a conta atrás!
Unha historia pensada para ser lida e narrada en voz alta, que se vai construíndo conforme entran e saen os personaxes, con múltiples posibilidades e máis dunha lectura.0