Argumento de A Noite Das Mudanzas
Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, cando chegou á corte, atopou?.Con este álbum, os nenos achéganse aos animais da granxa dunha maneira distinta e divertida.
Cunha proposta de texto sinxela, mais lúdica e imaxinativa, o álbum apóiase na complicidade da imaxe e na súa intensidade narrativa para provocar nos lectores a curiosidade, a sorpresa e, finalmente, o sorriso. Un libro para que adiviñen o que vai pasar, para que recorden o que hai detrás de cada páxina.0