"L'enfer, c'est nous", poderían dicir os protagonistas das tres pezas do volume Insomnes de Manuel Lourenzo que publica aquí a Biblioteca-Arquivo: os mortos recentes que arras¬tran os seus carriños polo orografía fósil d' O glaciar, os adolescentes inconclusos de Nosferatu, ou os artistas que deambulan caos súas obras polos baixos d'A conquista da cripta.
Todos eles, camiño dun naufraxio inevitábel, mesmo ás veces traxicamente desexado: o silencio, a petrificación definitiva, o nada... E, con todo, a loita instintiva polo sobrevivencia, por manter a cabeza, cando menos, libre para poderen constatar, a través da ironía, do absurdo ou do rito.