Argumento de De Darwin Ao Adn
O profesor Soutullo ofrécenos un interesante ensaio que pretende ser, ao longo dos diferentes capítulos que o compoñen, unha crítica ao determinismo biolóxico, a ideoloxía consistente en considerar que as facultades, comportamentos e relacións sociais humanas están causadas, de xeito practicamente determinante, polas características biolóxicas dos individuos, especialmente pola súa dotación xenética, sendo, en consecuencia, hereditarias. Se cadra a conclusión que se pode extraer deste estudio é que a ciencia non é socialmente neutra0