Argumento de Casares
Ramón Loureiro viaxa a través da súa propia memoria para construir un volume estruturado en tres bloques: o primeiro é case unha carta, unha carta que vai dirixida tamén aos lectores do futuro; o segundo é unha viaxe pola biografía de Casares; e por último, a conversa, nalgúns sentidos xa case lendaria, que Carlos e Ramón mantiveron uns días antes da morte do autor de Vento ferido. Inclúe este libro, ademáis, doce fotografías tomadas por Ramón durante aquel último encontro. As fotografías, que non naceron para ser publicadas, e que nos amosan a Casares días antes do seu inesperado falecemento, adquiren hoxe un valor excepcional.0