Botouse a tocar a frauta e tódolos ratos se viñeron xuntar ao pé del. Logo púxose en marcha ás alancadas, deste xeito (desce do pedestal) berrándolles ás xentes de Scyros: "Afastádevos!" (A xente afástase) E tódolos ratos ergueron o fuciño hesitando como fan agora as moscas. Reparade! Reparade nas moscas! E logo, de socato, precipitáronse após del. E o frautista desapareceu cos seus ratos para sempre. Deste xeito