Unha antiga irmandade secreta.
Unha nova arma devastadora.
Un obxectivo inimaxinable.
Moito antes de descifrar o código Da Vinci, o simboloxista de prestixio internacional Robert Langdon accede a viaxar ata un centro de investigación suízo para analizar o críptico símbolo que apareceu marcado a lume no peito dun físico asasinado. O que descobre é inconcibible: unha criminal vinganza contra a Igrexa Católica perpetrada por unha organización secreta centenaria, os Illuminati. Nun desesperado esforzo por salvar o Vaticano dunha potente bomba de reloxería, Langdon traballa man a man coa fermosa e misteriosa científica Vittora Vetra. Xuntos embárcanse nunha frenética busca pola cidade eterna que os leva a criptas seladas, perigosas catacumbas, catedrais baleiras, e que remata na cámara máis secreta do mundo: o agocho dos Illuminati.
O ambigrama do título lese igual aínda que se inverta a posición do volume. Esta antiga técnica artística é un dos protagonistas dos misterios de Anxos e demos.
Dan Brown é un dos autores emerxentes dos Estados Unidos. Ten publicados, con grande éxito, Digital Fortress, Angels & Demons e Deception Point. Vive en Nova Inglaterra. O código Da Vinci ascendeu de maneira meteórica ata situarse no cumio da lista do The New York Times.