Argumento de Alexandro Bóveda
Un feito incomprensible acontecía na década de 1980: un libro era secuestrado en plena democracia. O seu autor, Xosé Mª Álvarez Blázquez, comprobaba con amargura como, unha vez máis, se facía unha inxustiza co seu biografado, Alexandre Bóveda. Houbo que agardar dez anos para sacar á luz este libro, Bóveda aínda non era aceptado nunha democratización feble. Bóveda, un home valente e honesto, íntegro, de traballo silandeiro, de corredor de fondo á procura dunha única meta: o ben colectivo.0